ÚLTIMAS NOTICIAS
NAVA CASTRO QUERE TRASMITIR AO POBO DE PONTEAREAS QUE SEGUE A MAN TENDIDA A ACIP POLO BEN DE PONTEAREAS E DECLARA QUE A ALCALDÍA NON É UN “XOGO DE TRONOS”

NAVA CASTRO QUERE TRASMITIR AO POBO DE PONTEAREAS QUE SEGUE A MAN TENDIDA A ACIP POLO BEN DE PONTEAREAS E DECLARA QUE A ALCALDÍA NON É UN “XOGO DE TRONOS”

Na antesala do pleno de investidura no que Nava Castro ten a responsabilidade de conformar goberno como lista máis votada no 28-M, a líder popular apela á responsabilidade política
Os resultados trasladan que a cidadanía quere que nos entendamos e que cheguemos a un pacto de goberno. De non aceptar este proxecto común, Castro e seu equipo confían en que o sentido do voto de ACIP sexa a favor, ou en todo caso, que se vote a si mesmo e permitir o goberno en minoría
Os populares recordan que “o momento de tomar a decisión é agora, e para os próximos catro anos, non pensamos en mocións de censura a metade de mandato”

NAVA CASTRO SEGUE TENDENDO A MAN A ACIP PARA CONFORMAR UN GOBERNO DE COALICIÓN FORTE E SOLVENTE EN PONTEAREAS

NAVA CASTRO SEGUE TENDENDO A MAN A ACIP PARA CONFORMAR UN GOBERNO DE COALICIÓN FORTE E SOLVENTE EN PONTEAREAS

A líder popular insiste en que “como sempre dixen, a única liña vermella para poder pactar é a Alcaldía, que terá que ser para a candidatura máis votada. Todo o demais está aberto a ser consensuado”
O xoves 1 de xuño, nun lugar neutral escollido polo candidato de ACIP, reuníronse durante 45 minutos González Carrera e a propia Nava Castro en solitario, sendo o primeiro dos encontros post-electorais da lista máis votada dos comicios como claro xesto de achegamento

NAVA CASTRO ANUNCIA QUE O CORPUS CHRISTI TRANSFORMARASE A PARTIR DO PRÓXIMO ANO NUN REFERENTE DE INCLUSIÓN SOCIAL E DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

NAVA CASTRO ANUNCIA QUE O CORPUS CHRISTI TRANSFORMARASE A PARTIR DO PRÓXIMO ANO NUN REFERENTE DE INCLUSIÓN SOCIAL E DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Corpus de Ponteareas é un lugar no que todos e todas deberían ter cabida, con accesos adaptados a persoas con mobilidade reducida e no que todos e todas as veciñas poidan ser partícipes.
Outórgase unha importancia capital ás aportacións dos colectivos e asociacións sociais, como Avelaíña e Adapta así como ao traballo e o saber facer da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.

O PP DE PONTEAREAS MANIFESTA A SÚA PERPLEXIDADE POLO CORTE DA LUZ QUE O CENTRO SOCIAL DA VILA ACABA DE SUFRIR POR SUPOSTOS IMPAGOS DO CONCELLO

O PP DE PONTEAREAS MANIFESTA A SÚA PERPLEXIDADE POLO CORTE DA LUZ QUE O CENTRO SOCIAL DA VILA ACABA DE SUFRIR POR SUPOSTOS IMPAGOS DO CONCELLO

– O corte do subministro de ser certo por impagos, nesta dependencia social clave en Ponteareas enténdese como unha “neglixencia gravísima” e deixaría en evidencia a habitual e característica incapacidade de xestión do actual goberno

– De ser así, o PP de Ponteareas entende que se estaría a facer unha utilización fraudulenta dos fondos públicos, debido a que a Xunta de Galicia trasfire cartos ao Concello para o sostemento do Centro Social e da Residencia Municipal, ao estar trasferidos estes servizos sociais.

ALCALDESA DE PONTEAREAS