O PARTIDO POPULAR DE PONTEAREAS persegue a modernización e o desenvolvemento do noso concello, un progreso próspero e equilibrado, en tódolos seus ámbitos, aspirando co noso programa a conseguir unha PONTEAREAS digna, que teña peso específico no ámbito da nosa Comunidade Autónoma. Co noso programa queremos propiciar e senta-las bases dunha PONTEAREAS innovadora, con novas iniciativas e ilusión, cun novo estilo de face-las cousas e poñendo todo o empeño en que PONTEAREAS recupere a confianza na súa propia capacidade de avanzar.
Como formación política moderna e democrática, o PARTIDO POPULAR DE PONTEAREAS é consciente de que a participación cidadán e a comunicación cos vecinos resultan fundamentais para afronta-los retos do século XXI. Con este fin, mantemos un contacto permanente cos nosos afiliados e simpatizantes, mediante reunións periódicas, e puxemos en marcha a Oficina de Atención o Veciño na nosa Sede Local co fin de informar, asesorar e axudar a tódolos veciños que o necesiten. Un paso máis nesta líña, é a posta en marcha desta páxina WEB aproveitando esta nova tecnoloxía de comunicación para lograr un maior achegamento ós vecinos, non só para informar, senón tamén para recoller suxerencias, críticas ou opinións que poidan contribuír a unha mellora do noso concello.

Así pois, benvidos a nosa páxina WEB e reciban un cordial saúdo. 

                                                 Salvador González Solla
                                         Presidente Local do Partido Popular